miércoles, 30 de marzo de 2016

XABÓN CERVEXA


Ingredientes: Aceite de oliva, *palma, *coco, améndoas, *aguacate, *rícino e cervexa artesana.

Aplicacións e uso: 

A CERVEXA TEN muitas vitaminas , sobre todo do grupo B. Nutre e hidrata a pel , combatendo a sequedade.
Ten potasio, fósforo, minerais e aminoácidos. Con propiedades antibacterianas,, diminúe a secreción de graxa polo que axuda a mellorar o acne.
Resulta un XABÓN NUTRITIVO, HIDRATANTE,PARA PELES SECAS, CANSAS, DESHIDRATADAS. AXUDA A REXENERAR AS CÉLULAS DANADAS POLO SOL.
O lúpulo, as vitaminas do grupo B , o ácido fólico e o malte TEÑEN PROTEÍNAS QUE REPARAN O CABELO DANADO.
PROTEXE E REXENERA AS CÉLULAS CAPILARES E DEIXA O CABELO SUAVE E BRILLANTE. PROMOVE O CRECEMENTO.

Para cabelo e corpo.



Outras informacións: *Proceden da agricultura ecolóxica.

Envase e prezo:  Aprox  100gr  3,50€ 

viernes, 18 de marzo de 2016

LOCIÓN despois do AFEITADO


Ingredientes:  *Hidrolato de menta, *hidrolato de xara,
*glicerina vexetal, *goma xantana, po de alumbre,*aceite esencial de cedro e *extracto da raíz do ravo.


Aplicacións e uso:  Despois do afeitado aplicar cunha suave masaxe. Refrescante, astrinxente.

Outras informacións:  *Proceden da agricultura ecolóxica.

Envase e prezo:   100 ml  5€

martes, 15 de marzo de 2016



SEGUIREMOS COAS NOVIDADESS!!!!!! 

leites corporais para peles secas, normais,sensibles........

escuma para o afeitado, loccion e crema post afeitado

velas de masaxe e velas para o fogar

xabón líquido para a lavadora

crema para o contorno de ollos

leite corporal postsolar

 xel para exfoliar


STICK LABIAL

Ingredientes :Manteiga de karité,aceite de xermen de trigo, albaricoque, caléndula, rícino e cera vexetal. Aceite esencial de palo rosa.

Aplicación e uso: Para hidratar e protexer os beizos.

Outras informacións:Tódolos ingredientes proceden de agricultura ecolóxica

Envase e prezo:  6ml  1,50€

CREMA FACIAL NUTRITIVA- REPARADORA

Ingredientes: Aceite de améndoas macerado con caléndula, malva, chantaxe, rosa, lavanda e cola de cabalo, aceite de xermen de trigo , aceite de arroz e aceite de algodón.Cera vexetal, hidrolato de rosa, lavanda, macela e ácido hialurónico. Aceites esenciais de lavanda, macela e palo rosa, extracto de raiz do ravo.

Aplicacións e usos: Crema de día para peles castigadas, con engurras.

Outras informacións: Ácido hialurónico de  orixe vexetal , procedente do xermen de trigo .É un activo moi apreciado pola gran capacidade que ten para humedecer a pel e encher as engurras. Alisa a pel e tamén e un gran cicatrizador. O noso corpo produce este ácido pero cos anos a nosa capacidade de producilo e menor.
Todolos ingredientes proceden da agricultura ecolóxica.

Envase e precio:  100ml 14€
                              50 ml  7€


                              30 ml  5,50€
ELIXIR BUCAL

Ingredientes :  Hidrolato de menta*, tintura de propóleo*, *augardente , glicerina vexetal*, aceite esencial de menta* e extracto de raíz do raíz do ravo*.

Aplicacións e usos:  Para enxaugar a boca. Usar de 1 a duas veces a semana.

Outras informacións:*De agricultura ecolóxica

Envase e prezo:  100ml    5 €
AUGA MICELAR


Ingredientes : Hidrolato de lavanda, mousse de babassú, aceite esencial de lavanda e xeráneo.

Aplicacións e usos:  Limpieza do cute, desmaquillante. Para uso diario, non irrita.Aplicar sobre a cara cun algodón , pola maña e pola noite. Non é necesario aclarar.

Outras informacións: Mousse de babassu, é un derivado dun ácido graso do aceite de babassu.E un tensioactivo anfótero. Tódolos ingredientes proceden de agricultura ecolóxica.

Envase e precio:   250 ml   7€