Presentación

Triskelua nace no ano 2011 alen do océano atlántico, froito da suma de anos de experiencias autoxestionarias,( talleres, seminarios, autoaprendizaxe ), no eido da autoxestión da saúde.

Foron e son muitas as persoas e emprendimentos que forman parte tanto directa como indirectamente deste proxecto. Somos a suma de individualidades e experiencias colectivas que ao longos dos anos nos levou por parte da xeografía Galega, Catalana, Arxentina, Chilena e Boliviana, misturando os saberes orixinarios e autóctonos.

Hoxe Triskelua, atópase no punto de partida, logo de fechar un ciclo, e coa ilusión de comezar este novo ciclo , que será inspirador e de crecemento, coma sempre.
Facendo honra ao noso nome, aprendizaxe, crecemento , evolución e equilibrio son as compañeiras desta viaxe.

Gracias a todas as que comparten os seus saberes altruistamente, á Terra por ser tan xenerosa, e a todas as que confiades e as que nos acompañades nesta viaxe....

Gracias a miña familia que me amosou a autoxestión en todalas prácticas cotiás.
Gracias a tódolos proxectos que fun coñedendo neste decorrer....................




Que importa irmao que morra o día
se a súa morte
abre en nos a esperanza do mencer?
Non temas aínda o paxaro ten canciós e

e as estrelas se alcenden cada noite